Inicio

 

 

 

 

NOVAS FGS 2007
Video da Gala do surf galego Caixa Galicia 2007 >>>
Spot A túa primeira onda Caixa Galicia >>>

Gala do surf galego Caixa Galicia 2007.
(22/12/07)
Para rematar o ano o sábado 22 de decembro entregaronse os premios ós mellores surfistas galegos do 2007.
A Gala foi unha auténtica festa, nun salón de actos na Casa do deporte en Vigo cheo, moitos deportistas se achegaron para saudar os amigos, recoller os premios e ver a presentación da revista e o video do X Aniversario da Federación Galega de Surf (1997-2007).
Coa presenza e colaboración da Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Surf, David Alfaya, foronse entregando os trofeos a uns 80 deportista. Os premiados foron os primeiros clasificados do Circuito Galego Caixa Galicia 2007, Campionato galego de surf, bodyboard e longboard 2007, Campionato Galego de clubes 2007, Mellor clube galego, Mellor clube galego feminino, Premios a deportividade e recoñecemento os deportistas de élite galego.
Despois un ágape, e monento da divertirse e falar cos amigos o redor do mundo do surf e das ondas que tanto enche as vidas dos surfistas.


Foto de grupo dos premiados da Gala do Surf Galego Caixa Galicia 2007

Ollar galeria de fotos da Gala do Surf Galego Caixa Galicia 2007 >>>

Premiados Gala do Surf Galego Caixa Galicia 2007:
Deportistas galegos de Élite: Gony Zubizarreta, Milo Castelo e Luís Rodríguez.
Premios deportividade: Rubén Deza e Mireia Irisarri.
Mellor clube galego masculino e feminino: Prado Surf Clube.

Gony Zubizarreta no WQS 2007.
(22/12/07)
Tras unha dura tempada o noso surfeiro máis internacional xa esta en Vigo. Tras dar varias voltas ao planeta, Gony conseguiu quedar de noventa e tres no ranking final, toda unha fazaña a do galego. Tendo en conta que son uns cincocentos surfeiros profesionais correndo o circuíto.
Empezaba forte o ano chegando ata cuartos de final no WQS 4 estrelas celebrado no mes de abril na localidade francesa de St Gilles Croix de Vie. Tras unha desafortunada rolda europea chegaba en setembro ao WQS 4 estrelas Pantin Classic coa moral intacta e conseguía uns meritorios cuartos de final deixando na cuneta aos ex Top 44 Drew Courtney e Davo entre outros.
O seu mellor resultado chegaba en terras nipoas no WQS 6 estrelas de Japon,conseguindo un sorprendente noveno posto eliminando ao surafricano Greg Emslie e ao hawaiano Dustin Cuizon.
A Triplo Crown hawaiana esperáballe e Gony non defraudaba. No WQS 6 estrelas de Haleiwa cara a historia *consiguendo o mellor score do campionato 9.77 e 8.83, a súa onda de case un 10 daba a volta ao mundo por todos os medios especializados. Conseguíu chegar ata o main event ( rolda 64 ) caendo en condicións épicas e monstruosas ante o todopoderoso californiano Taylor Knox e o brasileiro Heitor Alves.
En seguinte evento, o WQS 6 estrelas de Sunset, a sorte daríalle as costas e sería o ex campion do mundo o hawaiano Sunny Garcia o que lle eliminaría .
No entanto Gony segue demostrando que esta entre os mellores e o próximo curso volverá coas pilas cargadas e con ganas de atacar o seu gran soño, o top 44.
Desde aquí felicitámoslle polo seu enorme traballo, por facernos soñar e demostrar que os galegos podemos estar na élite.
Parabéns, seguirémosche de cerca no 2008.
Sorte Gonzalo Zubizarreta Moya.

Gala do surf galego CaixaGalicia 2007, o 22 de decembro na casa do deporte en Vigo.
(7/12/07)
Nela presentarase a revista da FGS e un video do X aniversario da Federación Galega de Surf, ademáis de entregar os premios os mellores deportistas do ano.
Dende o luns 17 o sábado 22 tamén poderase ver unha mostra de fotos de surfistas e praias galegas feita polos mellores fotógrafos de surf galegos, tamén na casa do deporte.
Estades todos convidados a festa do surf galego.

Gony Zubizarreta volta a casa, despois dun gran ano no Circuito mundial de surf WQS.
(7/12/07)
Gony Zubizarreta o surfista galego máis internacional, deportista de élite e un dos mellores surfistas de Galiza, volta a casa despois de competir o redor do mundo con moi bos resultandos e acadando algunhas das mellores puntuación nas probas de Hawaii.

Milo Castelo e Ollala Saborido en surf e Nicolás Nieto en bodyboard son os campións do Top 16 Galiza.
(6/12/07)
Con ondas grandes de case 2 metros, no pico da praia de Patos, fixeronse as semifinais e finais do Top 16 Galiza de surf e bodyboard. Proba que se realizou por primeiro ano, para premiar os mellores surfista do Circuito Galego CaixaGalicia. Con presenza da TVG, programa De proa a popa, e de moitos surfistas puidemos ver un bo surf e un magnifico espectáculo.
Os resultados foron os seguintes:
Top 16 Galiza Surf masculino: 1º Milo Castelo, 2º Luís Rodríguez, 3º Pipo Domínguez, 4º Daniel Rodríguez.
Top 16 Galiza Surf feminino: 1º Olalla Saborida, 2º Esther López 3º María Escrigas 4º Blanca Escrigas.
Top 16 Galiza Body masculino: 1º Nicolás Nieto, 2º Brais González, 3º Javier Blanco 4º Pablo González.


Semifinais e finais do Top 16 Galiza de surf e bodyboard no pico de Patos (Nigrán) o xoves 6 de decembro.
Galego CaixaGalicia 2007 remata coas semifinais e finais, na praia de Patos en Nigrán, despois de varios días de espera na procura de onda. Xuntanza de competidores as 11:00 h., fronte o pico de Patos.

1º semi body: Ciro Barcala, Pablo González, Jorge Miniño, Javier Blanco.
2º semi body:
Rubén Viñas, Nicolás Nieto, Brais González, Antonio González.

1º semi surf:
Nicolás Pérez, Manuel García, Milo Castelo e Pipo Domínguez.
2º semi surf: Luís Rodríguez, Carlos Bremón, Derik Rey, Daniel Rodríguez.

Coa chegada dunha das primeiras marexadas do inverno, celebrouse o campionato Galaico-Luso na praia de Patos, os días 1 e 2 de decembro.
(4/12/07)
Cristina Marcet (surf rapazas), Alex Rodríguez (body rapazas), Pipo Domínguez (surf), Patrik Vilán (body) e Adrián Seoane (longboard), son os campións no primeiro campionato Galaico-Luso, coa participación de surfistas galegos e unha pequena presenza de portugueses neste primeiro ano. Cunha boa organización de Prado surf escola, con convide a comida a todos os competidores e olas que foron medrando e facendose máisi fortes, o campionato deixou satisfeitos a competidores e público que asistiu o evento.


Surf: 1º Pipo Domínguez, 2º Pablo Montero, 3º Jaji Iglesias, 4º Oscar Prieto.
Body: 1º Patrik Vilán, 2º Pedro Fernandes, 3º Nacho García, 4º Joao Neiva.
Longboard: 1º Adrian Seoane, 2º Ramón Diez, 3º Roberto Louro, 4º Ruben Carrera.
Surf rapazas: 1º Cristina Marcet, 2º Flavia Braña, 3º Erika Franco, 4º Isa Reimundez.
Body rapazas: 1º Alex Rodríguez, 2º Carmela Martínez, 3º Andrea Vilán, 4º Paula Vilán.

Top 16 Galiza de surf e bodyboard. Circuito Galego CaixaGalicia 2007.
(22/11/07)
Por primeira vez e grazas a DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE, CAIXA GALICIA e COCA-COLA; xuntaranse os 16 mellores surfistas de Galicia na procura de boas ondas e cós mellores premios en metálico dunha proba galega. Un campionato feito por e para surfistas, para desfrutar do surf e bodyboard e inmortalizalo coas mellores fotografías.

TOP 16 GALIZA SURF E BODYBOARD.
Sábado 24 e Domingo 25 de novembro. Praia de "Faro de Lariño" (Carnota).
Reunión de competidores ás 9.30h. na praia.
Modalidades:SURF (masculino e feminino) e BODYBOARD (masculino).

PREMIOS: Repartiranse 3.000 € en metálico entre os oito primeiros clasificados de cada modalidade.
TODOS ESTES PREMIOS SE ENTREGARÁN O DÍA DA GALA DO SURF GALEGO 2007

Cunha boa previsión de ondas para o fin de semán, tentarase facer os campionatos Top Galiza de surf e bodyboard, que pecharán o Circuito Galego CaixaGalicia 2007.
(19/11/07)
Moi atentos a previsión de ondas para o fin de semán, xa que estamos traballando para aproveitalas e facer as dúas probas finais Top Galiza de surf e bodyboard. O xoves confirmaranse praias e horarios.

Horario curso de técnico deportivo en surf
(19/11/07) As clases presenciais serán os días 24 e 30 de novembro en A Coruña, e o 14, 15 e 16 de decembro en Vigo. Horario Curso de Técnico Deportivo en Surf (pdf) >>>

Campionato Galaico-Luso na praia de Patos, os días 1 e 2 de decembro.
(19/11/07)
Para rematar a tempada campionato e encontro entre surfistas galegos e portugueses por primeira vez en ondas galegas. Máximo 32 inscritos por cada categoría: surf open masculino, surf open feminino, body open masculino, body open feminino e longboard open. Prazo de inscrición ata o xoves 29 ás 14.00 horas, na Federación Galega de Surf (Email: info@fgsurf.com). Precio da inscrición 15 €, imprescindible ter licenza de federado.

Deportistas Galegos de Alto Nivel
(10/11/07) O luns 5 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de setembro de 2007 pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos coma deportistas galegos de alto nivel, polo procedemento iniciado en xuño de 2007, así como as solicitudes desestimadas e a causa. Nela tamén se inclúen todos os Deportistas Galegos de Alto Nivel con beneficios vixentes, así como a data de pérdida da súa condición de DGAN.
Aproveitamos esta comunicación para informarlle que o novo prazo para que os deportistas presenten solicitude para ser recoñecidos coma DGAN é durante todo o mes de novembro, tal como se establece no Decreto 6/2004 do 8 de xaneiro (as solicitudes presentaranse durante os meses de xuño e novembro).
Documentación a presentar:
  -   Instancia Solicitude: é o Anexo do Decreto 6/2004. A federación deberá asinalo e selalo, certificando que os resultados deportivos son certos e que o solicitante non se atopa suxeito a sanción disciplinaria deportiva ou sanción administrativa en materia deportiva.
  -  Fotocopia DNI
  -  Certificado empadroamento.
  - Certificado da federación no que conste que o deportista ten licenza expedida, e en vigor, dende antes do 1 de xaneiro do ano 2006.
Decreto deportistas galegos de alto nivel (pdf) >>>
Listado deportistas galegos alto nivel >>>

Os campionatos Top Galiza, pechan o Circuito Galego CaixaGalicia de surf e bodyboard 2007.
(26/10/07)
Os 14 primeiros clasificados do Circuito Galego CaixaGalicia en surf e bodyboard open masculino e as 8 mellores clasificadas en surf feminino, competirán nestes eventos, onde búscanse as mellores ondas e condicións de competición. Tentarase acadar as mellores imaxes dos surfistas galegos e repartiranse 3.000 € en premios. O campionato farase nun só día, o de mellor condicións dentro das datas previstas, que son:
+ Campionato Top Galiza Bodyboard. "La Tóxica" ou "El Faro"(A Coruña). 1, 3 ou 4 de Novembro.
+ Campionato Top Galiza Surf. Burela-Foz (Lugo). 10,11,17 ou 18 de Novembro.

Curso de técnico deportivo en surf
(26/10/07)
Un ano máis a Federación Galega de Surf convoca o curso de técnico deportivo en surf, titulación oficial coa que poderás dar clases de surf e bodyboard, traballar na federación ou nunha escola, ou ben montar a túa propia escola.
Por primeira vez o 80% do curso farase non presencial, polo que tan só precisarás acudir a algunhas clases prácticas.
Podes descargar o documento informativo e inscribirte. Prazas limitadas a 30 persoas.
Info Curso de Técnico Deportivo en Surf 2007 (pdf) >>>

Clasificación Circuito Galego CaixaGalicia 2007 surf e bodyboard
(26/10/07)

Clasificación Circuito Galego CAIXAGALICIA 2007 Open (pdf) >>>

Clasificación Circuito Galego CAIXAGALICIA 2007 Infantil e Xuvenil (pdf) >>>

Datas de campionatos, cursos e actividades da Federación Galega de Surf ata final de ano.
(25/10/07)
Despois de varios aprazamentos, as datas de campionatos, cursos e actividades da Federación Galega de Surf ata finais de ano, son as seguintes:
+ Campionato Volcom. Praia de Patos (Nigrán). 27-28 de outubro.
+ A túa primeira onda. Curso de iniciación gratuito. Praia de Patos (Nigrán). 4 de novembro.
+ Campionato Top Galiza Bodyboard. Corpiños ou "La Tóxica" (A Coruña). 1, 3 ou 4 de Novembro.
+ Campionato Top Galiza Surf. Burela-Foz (Lugo). 10,11,17 ou 18 de Novembro.
+ Curso de técnico deportivo en Surf. Inicio o 9 de Novembro. Semipresencial.

+ Curso de primeiros auxilios. 24 de Novembro. A Coruña.
+ Campionato LusoGalaico. Praia de Patos (Nigrán). 1 e 2 de Decembro.
+ Curso de xuices de surf e bodyboard. 1 e 2 de Decembro. Vigo e praia de Patos (Nigrán).
+ Gala do surf galego. Casa do deporte (Vigo). 15 de Decembro.
+ Curso de organización de eventos deportivos. 22 de Decembro.
Vigo.

O Tribunal Supremo confirma a sentenza da Audiencia Nacional do ano 2002 no que se anula a constitución da Federación Española de Surf.
(16/10/07)
Despois de 7 anos da constitución da Federación Española de Surf (FES) no ano 2000, o Tribunal Supremo confirma a sentenza da Audiencia Nacional do 2002, na que se anula a resolución do Consejo Superior de Deportes que autorizaba a constitución e inscrición da FES. Deste xeito dende o pasado 9 de outubro, data na que se notificou a sentenza, a Federación Española de Surf deixa de existir, xa que a súa constitución e inscrición e declarada nula, por non axustarse ó ordenamento xurídico.
A pregunta é ¿que pasará agora?, parece claro que a FES non poderá organizar nin campionatos nin ningún outra actividade; as súas licenzas carecen de validez, non poderá competir internacionalmente e por suposto non se pode recoñecer oficialmente ningunha titulación nin a campión de España algún destes anos.
A Federación Galega de Surf xa denunciou en innumerables ocasións, as irregularidades da FES, conseguindo a inhabilitación do anterior presidente; e chegando hai uns meses a decisión de desvencellarse da FES, deixando só ás Federacións Asturiana, Cántabra e Canaria como cómplices desta desfeita.
Remata o Circuito Galego CaixaGalicia 2007 de surf e bodyboard
(16/10/07)
A última proba do Circuito Galego CaixaGalicia 2007 de surf e bodyboard, celebrarase na praia de Patos (Nigrán) os días 20 e 21 de outubro, organizada pola Federación Galega de surf e Patos surf club, coa colaboración de Coca-Cola, a Dirección Xeral para o Deporte e o Concello de Nigrán.
Previsión de onda entre 0,5 e 1 metro. Inscricións abertas ata o xoves 18 de outubro.
Confirmación de inscricións na praia o sábado ás 9h. e comenzo da competición ás 10h.

As surfistas galegas protagonistas do Campionato Galego de Clubes Caixa Galicia. As rapazas do Prado Surf Clube demostraton ser as mellores de Galicia.
(01/10/07)
As ondas non fallaron o pasado sábado no Campionato Galego de Clubes, que fixado inicialmente para celebrarse na praia de Nemiña en Muxía, a Federación Galega de Surf trasladouno á de Soesto en Laxe, na procura das mellores condicións de mar e vento.
Este ano as protagonistas do campionato foron as mulleres, xa que por primeira vez a competición premiaría os mellores clubes femininos de surf e bodyboard. Os clubes no o dubidaron, e desprazaron as súas equipas ata a fermosa e feiticeira praia de Soesto, na procura de boas ondas e do recoñecemento como mellores de Galicia.
Uns setenta deportistas de todas as idades, competiron nun evento onde o importante era acadar o maior número de puntos para o clube, e o traballo en equipo, nun deporte tan individualista como é o surf. Finalmente gañaba Prado surf club con 8285 puntos seguido de Patos surf club, 6205 puntos; Club Grosso de Doniños, 4860 puntos; Raspas Corchos club, 2645 puntos; e Sandspit, con 1220 puntos.


A Federación Galega de Surf repartirá importantes premios os mellores clubes femininos no II Campionato Galego por Clubes CaixaGalicia 2007.
(25/9/07) Co apoio de CAIXAGALICIA, Coca-Cola, os concellos de Muxía e Laxe, e a Dirección Xeral para o Deporte, este fin de semán os clubes galegos de surf e bodyboard loitarán polo recoñecemento de ser os mellores en competición. A novidade son os premios para os mellores clubes galegos femininos, e dicir onde as mulleres teñan maior presenza.
DATAS: 29 e 30 de Setembro.
PRAIA: Nemiña (Muxía). Como alternativa Soesto (Laxe), confirmarase o venres 28.
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas comezo da competición.
CATEGORIAS: Infantil (menores de 14 anos); Xuvenil (menores ou iguais a 18 anos); Senior (maiores de 18), en categoría masculina e feminina. Cada clube só poderá inscribir ata 4 competidores en cada categoría e modalidade.
MODALIDADES: Surf e Bodyboard (Só se pode competir nunha modalidade)
PREMIOS: Trofeos para os catro primeiros clubes clasificados e ademáis, premio especial ós mellores clubes galegos femininos: 1º) 500€ , 2º) 300€ , 3º) 200€ e 4º) 100€
PREZO: Totalmente de balde.
INSCRICIÓNS: Fax (986299378) ou e-mail ( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf polo técnico do clube cós seguintes datos: clube, nome, modalidade, categoría e nº de licenza. Obrigatorio que tódalas inscricións procedan dos clubes.
PECHE DAS INSCRICIÓNS: Xoves 27 de setembro ás 20:00 horas.


Praia de Nemiña estes días (Foto. Martín Rendo)

Cambio de data da última proba open do Circuito Galego CaixaGalicia 2007 de surf e bodyboard
(18/9/07) A última proba do Circuito Galego CaixaGalicia 2007 de surf e bodyboard, celebrarase na praia de Patos os días 6 e 7 de outubro, organizada pola Federación Galega de surf e Patos surf club.
Inscrición abertas ata o mércores 3 de outubro.

XX MOVISTAR PANTIN CLASSIC. Campionato do Mundo de Surf. Praia de Pantín-Valdoviño.

Podes seguir as mangas, ollaros resultados, fotos e moito máis na web pantinclassic.com >>>

Campiones Galegos Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard 2007
(1/9/07) ESPECTÁCULO EN LAXE EN TÓDALAS CATEGORÍAS DE SURF, BODYBOARD E LONGBOARD NO CAMPIONATO GALEGO 2007 CELEBRADO O PASADO FIN DE SEMÁN NA PRAIA DE SOESTO
O campionato comezou coas primeiras rondas femininas e infantil masculino. O mar acompañou nesta apertura do campionato galego con ondas dun metro de altitude inda que a presenza do vento lateral do nordés non favoreceu éstas .
O sábado celebráronse as rondas de xuvenil e senior masculino nas modalidades de surf e bodyboard. O vento foi máis favorable nesta segunda xornada do campionato galego e as boas condicións do mar e o numeroso público asistente procedente do concello local e doutros lugares de Galicia fixeron deste campionato galego un verdadeiro espectáculo.
O domingo deron comezo as finais ás 10:00 horas por mor da marea (baixamar). Melloraron as condicións do vento que rolou a compoñente sur inda que o mar sufriu unha leve disminución no seu tamaño.
Celebráronse as 11 rondas finais correspondentes a tódalas modalidades e categorías proclamando, deste xeito, ós 11 campións galegos.
Ás 16:30 entregáronse os premios na mesma Praia de Soesto e o rematar o Concello de Laxe agasallou a tódolos asistentes cunha gran mexilloada.


SURF SENIOR MASCULINO: 1º) VICTOR I. POMBO 2º) ALEJANDRO IGLESIAS 3º) CARLOS BREMON
SURF XUVENIL MASCULINO: 1º) ALEJANDRO DIEZ 2º) RAFAEL DOPICO 3º) ADRIAN FORMOSO
SURF INFANTIL MASCULINO: 1º) GONZALO DIEZ 2º) ROI HERMIDA 3º) GONZALO FERNANDEZ
SURF SENIOR FEMININO: 1º) ERIKA FRANCO 2º) FLAVIA BRAÑA 3º) BLANCA ESCRIGAS
SURF XUVENIL FEMININO: 1º) MARIA ESCRIGAS 2º) MARIA PITA-ROMERO 3º) CARMEN GONZALEZ
SURF INFANTIL FEMININO: 1º) VICTORIA LVOVA 2º) ROSA VIEIRA 3º) TRINIDAD FERNANDEZ
SURF MASTER: 1º) ROBERTO LOPEZ 2º) J. JOSE FERNANDEZ 3º) J. Mª CUESTA
BODYBOARD SENIOR MASCULINO: 1º) SERGIO VILAN 2º) IVAN CASTELO 3º) BRAIS GONZALEZ
BODYBOARD XUVENIL MASCULINO: 1º) PEDRO MONTERO 2º) ALEJANDRO RICO 3º) JUAN MARTINEZ
BODYBOARD INFANTIL MASCULINO: 1º) SAMUEL SALGUEIRO 2º) EDUARDO RAMOS 3º) PABLO GONZALEZ
LONGBOARD: 1º) MONCHO BORRAZAS 2º) DANIEL ALVITE 3º) DIEGO SELAS

Descargar mangas e resultados Campionato Galego CAIXAGALICIA 2007 Surf, bodyboard e longboard (formato excel) >>>

Campionato Galego Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard 2007
(24/8/07)
DATAS: 25 e 26 de agosto , as categorias Xuvenil e Infantil de Surf comenzarán o venres 24.
PRAIA: Soesto -Laxe- (A Coruña).
HORA: Confirmación de inscricións o venres de 14:30 a 15:30 horas na praia. CATEGORIAS: Infantil (menores de 14 anos); Xuvenil (menores ou iguais a 18 anos); Senior (maiores de 18); Master (maiores de 35). MODALIDADES: Surf,  Bodyboard e Longboard (Só se pode competir nunha modalidade ou categoría).
PREMIOS: 1000 € en material e trofeos,  para os campions en categoría Xuvenil e Senior, tanto Feminino coma Masculino, viaxe a Canarias ao Campeonato de España.
PREZO: 15 €/campionato
INSCRICIÓNS: Fax (986299378) ou e-mail ( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf polo técnico do clube cós seguintes datos: clube, nome, modalidade, categoría e nº de licenza.
PECHE DAS INSCRICIÓNS: Mércores 22 de agosto ás 20:00 horas 
ALOXAMENTO GRATUITO COMPETIDORES: Acampada libre en Soesto.

Resultados Campionato xuvenil de Barrañan-Arteixo.
3º proba do Circuito Galego Caixa Galicia 2007 de surf e bodyboard.
(24/8/07)
Clasificación:
SURF:
MASCULINO INFANTIL : 1º) Guillermo Gómez ( Prado Surf Clube ) 2º) Gonzalo Díez (El Muro Surfing Club) 3º) Sergio Barciela ( Prado Surf Clube ) 4º) Miguel Gómez ( Prado Surf Clube ).
MASCULINO XUVENIL : 1º) Nicolás Pérez ( Prado Surf Clube ) 2º) Hans Thiessen (Raz Surf Club) 3º) Pedro López (Sen Clube) 4º) Gonzalo Díez (El Muro Surfing Club)
FEMININO INFANTIL:   1º) Erika Franco (Club de Surf Grosso de Doniños) 2º) Victoria Lvova (Patos Surf Club) 3º) Carlota Martín (Raspas Corchos Club) 4º) Mairea Irisarri (Prado Surf Clube)
FEMININO XUVENIL:   1º) Erika Franco (Club de Surf Grosso de Doniños) 2º) Cristina Marcet (Prado Surf Clube) 3º) Cristina Bremón ( Club de Surf Grosso de Doniños ) 4º) Trinidad Fernandez ( Prado Surf Clube)

BODYBOARD:
MASCULINO INFANTIL : 1º) Samuel Salgueiro ( Club de Surf Grosso de Doniños ) 2º) Eduardo Ramos (Océano Surf Club) 3º) Pablo (Patos Surf Club) 4º) Keltoi Garcia (Sandspit Surf Club)
MASCULINO XUVENIL : 1º) Pedro Montero ( A Lanzada Surf Club ) 2º) Keltoi Garcia (Sandspit Surf Club) 3º) Samuel Salgueiro ( Club de Surf Grosso de Doniños ) 4º) Guillermo Gil (Patos Surf Club)

Descargar mangas e resultados campionato en formato excel>>>

XX MOVISTAR PANTIN CLASSIC
Campionato do Mundo de Surf
Praia de Pantín-Valdoviño
(24/8/07)
**** WQS Masculino
***WQS Femenino. Caixanova Surfing Girls
Continúa a buen ritmo la inscripción de surfers para Pantín 21 países han anunciado presencia en el Movistar Pantín Classic
La organización de la XX edición del campeonato internacional de surf Movistar Pantín Classic continúa recibiendo inscritos para participar en la prueba de 4 * que se celebrará entre los días 4 y 9 de septiembre. La última confirmación ha sido la del tahitiano Manoa Drollet (28 años), que cuenta en su historial con el récord de haber surfeado la mayor ola en Teahupoo. Un récord que podrá narrar a todos los que acudan a presenciar esta prueba internacional al arenal de Pantín (Valdoviño).
Además de su presencia, que ya aparece en las páginas de la ASP mundial, también han anunciado presencia Patrick Gudauskas (USA), Drew Courtney (AUS), Tiago Pires (PRT), Eric Rebiere (FRA), Eneko Acero (Euskadi), Mikael Picon (FRA), Alex Gray (USA), Nathan Carroll (HAW), Maz Quinn (NZL), Nic Muscroft (AUS), Michel Bourez (PYF),Jonathan Gonzalez (Islas Canarias), Shaun Gossmann (AUS), Aritz Aramburu (Euskadi), Jarrad Sullivan (AUS), Justin Mujica (PRT), Hodei Collazo ( ESP) o el australiano Nathan Hedge. Todos ellos representantes del mejor surf mundial.
La lista de países representados incluye también una amplia representación de australianos, norteamericanos, británicos, portugueses o surfistas de Neozelanda o Hawai, esta XX edición nos permitirá conocer cómo se surfea en Marruecos, Japón e Italia.


En cuanto a la representación española, además de Enero Acero, el canario Jonathan González y Hodei Collazo, también acudirán a Pantín el vasco Aritz Aranburu, el vigués Gony Zubizarreta, Pablo Gutiérrez, Kepa Acero, entre otros. Recordar que las inscripciones se cierran un día antes de comenzar el evento, en la misma playa de Pantín, por lo que la lista definitiva así como las mangas no se conocerán hasta ese día.
Caixanova Surfing Girls. Las 3* mundiales conseguidas para esta edición permitirán a las mejores surfers femeninas estar presentes en la playa de Pantín. Hasta el momento, y según información de la ASP, habrá participación de Australia, Francia, Estados Unidos, España, Guadalupe, Hawai, Portugal, Las féminas se repartirán 15.000 $ en premios.
Patrocinadores
En esta edición se cuenta con el patrocinio principalmente de Movistar, patrocinador principal del evento masculino y de todo el evento, Caixanova patrocinador principal de la competición femenina, Nokia, Arnette, Xacobeo, Toyota, Estrella Galicia, Xunta de Galicia-Dirección Xeral de Turismo, Fundación Deporte Galego, Turgalicia, los Concellos de Ferrol, Valdoviño, Narón y Cedeira y la Diputación de A Coruña.

3º proba do Circuito Galego Caixa Galicia de surf e bodyboard infantil e xuvenil, na praia de Barrañan (Arteixo - A Coruña) (8/8/07)
Os días 17, 18 e 19 de agosto, rematará o Circuito Galego Caixa Galicia, na súa categoría infantil e xuvenil coa 3º e última proba na praia de Barrañan. Organización a cargo do clube Costa da Morte. Inscricións na FGS ata o martes 14 de agosto.
Inicio da competición o Venres 17 ás 16h. coas mangas de surf e bodyboard xuvenil masculino.

Traxedia no surf galego: Fallecen en accidente de tráfico Raquel Sedes e Mario Martinez. (27/7/07)
O pasado mércores 25 perdía a vida na estrada Raquel Sedes de 17 anos e Mario Martínez de 14 anos, surfistas de ferrol e competidores do Circuito Galego de Surf . Un tráxico accidente de tráfico preto da praia de Esmelle, rematou coas súas vidas. O ciclomotor no que circulaban colisionou contra un coche, causandolles a morte no acto os dous xoves.
A noticia causó gran conmoción entre os surfistas galegos e en todo Ferrol, que se volcou no apoio a familia. Dende a Federación Galega de Surf queremos mandar unha forte aperta os familiares de Raquel e Mario, os seus amigos e compañeros do Clube Groso de Doniños nestes momentos tan difíciles.

XII Xogos Náuticos Intercélticos 2007 - Crozon (Francia) (13/7/07)
Hoxe venres, 13 de Xullo, sairá dende Santiago de Compostela cara Crozon, o EQUIPO GALEGO DE SURF que representará a Galiza nos "XII Xogos Naúticos Intercélticos 2007" dende o 16 ata o 20 de Xullo. Grazas o apoio da Fundación Deporte Galego, o Equipo Galego de surf, vela, piragüismo, remo e actividades subacuáticas poderá competir nos xogos representando a Galicia.
EQUIPO GALEGO DE SURF E BODYBOARD:
Sub-14. Surf masculino. Gonzalo Diez e Rodrigo Hermida.
Sub-16. Surf masculino. Adrián Formoso.
Sub-18. Surf masculino. Nicolás Pérez e Pablo Montero.
Open. Surf masculino. Manuel Garcia e Carlos Bremón.
Sub-18. Bodyboard masculino. Alejandro Rico e Pedro Montero.
Open. Bodyboard masculino. Pedro Montero e Antonio González.
Surf feminino. Blanca Escrigas e Isabel Reimundez.
Longboard. Daniel Alvite e Juan Hermida.
Drop Knee. Bodyboard masculino. Antonio González.
Prevese a chegada a Galicia (Santiago de Compostela) o domingo 22 de Xullo ás 11:00 horas.
Boa sorte para o Equipo Galego.

Xoves promesas do surf e bodyboard galego no Campionato de Doniños - 2ª proba do Circuito Galego Caixa Galicia de surf 2007 (9/7/07)
O ecuador do Circuito Galego Caixa Galicia xuvenil de surf e bodyboard tivo lugar o pasado fin de semán; do 6 ó 8 de xullo, na praia de Doniños, sita en Ferrol.
Esta proba comezou o venres coa confirmación de inscricións na praia as 14 horas e ás 16:30 horas empezou o campionato nas categorías e modalidades con maior número de inscritos. A participación total nesta proba do circuito galego foi de 110 competidores con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos. Ademáis deste gran número de inscritos, tamén tivemos a presenza na praia de moi boas ondas, polo que o numeroso público asistente, puido desfrutar dende a area do espectáculo das promesas galegas do surf e bodyboard.
A proba rematou o domingo ás 15:00 horas coa posterior entrega de premios ás 16:30 horas na mesma praia de Doniños. Premios que foron entregados ós mellores clasificados polos representantes da Federación Galega de Surf e do Club de Surf Grosso de Doniños.

RESULTADOS 2ª PROBA XUVENIL:

SURF MASCULINO INFANTIL :1º) Gonzalo Diez (El Muro Surfing Club) 2º) Guillermo Gómez (Prado Surf Clube) 3º) Mario Martínez (Club de Surf Grosso de Doniños) 4º) Roi Hermida (Patos Surf Club)
SURF MASCULINO XUVENIL : 1º) Alejandro Diez (El Muro Surfing Club) 2º) Nicolás Pérez (Prado Surf Clube) 3º) Tony Armet (Federación Vasca de Surf) 4º) Pedro López (Sen Clube)
SURF FEMININO INFANTIL: 1º) Erika Franco (Club de Surf Grosso de Doniños) 2º) Trinidad Fernández (Patos Surf Club) 3º) Mairea Irisarri (Prado Surf Clube) 4º) Iria Vaamonde (Raspas Corchos Club)
SURF FEMININO XUVENIL: 1º) Erika Franco (Club de Surf Grosso de Doniños) 2º) Cristina Bremón (Club de Surf Grosso de Doniños) 3º) Maria Escrigas (Club de Surf Pantín) 4º) Flavia Braña (Club de Surf Grosso de Doniños).

BODYBOARD MASCULINO INFANTIL :1º) Keltoi Garcia (Sandspit Surf Club) 2º) Samuel Salgueiro (Club de Surf Grosso de Doniños) 3º) Eduardo Ramos (Océano Surf Club) 4º) Raúl Dapena (Sen Clube) BODYBOARD MASCULINO XUVENIL : 1º) Samuel Salgueiro (Club de Surf Grosso de Doniños) 2º) Pedro Montero (A Lanzada Surf Club) 3º) Alejandro Rico (Club de Surf Grosso de Doniños) 4º) Jose Sánchez (Sandspit Surf Club)

2º Proba infantil e xuvenil do Circuito Galego Caixa Galicia, na praia de Doniños en Ferrol. (5/7/07)
DATAS: 6, 7 e 8 de xullo (cun mes reservado para celebrarse segundo prediccións de ondeaxe). PRAIA: Doniños (Ferrol - A Coruña).
HORA: Confirmación de inscricións para tódolos competidores o venres de 14:30 a 15:30 horas na praia e ás 16:00 horas comenzo de triales das categorías con maior número de inscritos.
CATEGORIAS: Infantil (menores de 14 anos), Xuvenil (menores ou iguais a 18 anos).
MODALIDADES: Surf e Bodyboard (Non é posible competir nas dúas modalidades).
PREZO: 10 €/campionato (desconto do 50% preinscrición para todo o Circuito Galego).
INSCRICIÓNS: Fax (986299378) ou e-mail ( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf polo técnico do clube cós seguintes datos: clube, nome, modalidade, categoría e nº de licenza (indicar Federación)
Organización grazas os sponsors CAIXA GALICIA e a COCA-COLA, e o Club de Surf Grosso de Doniños.

Dous brasileños na final do Circuito Galego Caixa Galicia de surf, na praia de Río Sieira (Porto do Son).
(26/6/07) A segunda proba open do Circuito Galego Caixa Galicia de surf e bodyboard 2007 tivo lugar o pasado sábado, 23 de Xuño, na praia de Rio Sieira, pertencente ó concello de Porto do Son (A Coruña). Máis de 80 competidores e coa organización do Area longa surf clube, a proba desenvolveuse nun só día, por mor dunha mala presión de ondas para o domingo. Suliñar a presenza de dous brasileños na final de surf open.
Clasificación: SURF OPEN: 1º Eduardo Fernandes, 2º Pipo Domínguez, 3º Vini Zeilmann, 4º Milo Castelo.
SURF FEMININO: 1º Erika Franco, 2º María Escrigas, 3º Blanca Escrigas, 4º Esther López. BODYBOARD: 1º Rubén Deza, 2º Carlos Viñas, 3º Iván Castelo, 4º Nicolás Nieto.

Finalistas de surf open, co campión Eduardo Fernandes, brasileño residente en Galicia.

Abaixo: Final rapazas e Milo Castelo na onda.

Curso de monitores-iniciadores en surf e bodyboard.
(20/6/07) Se queres formarte como monitor de surf e bodyboard e poder traballar nalgunha das esolas pertencentes a Escola Galega de Surf, apuntate xa a este curso. Características do curso: Curso de formación de monitores de iniciación ó surf e bodyboard. Días, lugar e horarios: 30 de xuño e 1 de xullo en Oleiros (A Coruña).
Requisitos de acceso dos alumnos: Ser maior de 16 anos; Estar na posúa do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente a efectos académicos (presentar copia compulsada); Estar en posesión da licenza federativa en vigor, expedida pola FGS ou outra Federación territorial e acreditala ante o profesor; Deportistas practicantes do surf ou bodyboard; Certificado médico oficial.

Número de alumnos: 20 alumnos máximo. Prezo matrícula: 60 €. Inscrición e matrícula: Inscricións na Federación Galega de Surf, por teléfono, fax ou e-mail adxuntando a folla de inscrición cuberta, unha fotocopia do DNI e o xustificante de ingreso da matrícula e/ou licenza.
Prazo de inscrición e trámites necesarios: ata o xoves 28 de xuño ás 12:00 horas.
Folla de inscrición (pdf) >>>

Campionato Area Longa surf clube.
2º proba Circuito Galego Caixa Galicia 2007.

(18/6/07) O 23 e 24 de xuño, o Area Longa surf clube en colaboración coa FGS, organizán na praia de Río Sieira en Porto do Son, a 2º proba do Circuito Galego Caixa Galicia de surf e bodyboard 2007.
Despois de varios anos o circuito galego, recupera unha proba clásica do surf galego, nunha da praias galegas con excelentes condicións para surfear e desfrutar do seu entorno, Río Sieira en Porto do Son.
Máis información e inscricións >>>

A túa primeira onda coa Asociación Down Vigo.
(18/6/07) A Túa Primeira Onda Disminuidos Fisico-Psiquicos, celebrouse na praia de Patos o sábado 16 de xuño; no cal impartironse clases para un total de 16 rapaces e rapazas pertencentes a Asociación Down Vigo. O curso durou un total de tres horas nas que se tratou de introducir a este grupo de rapaces na practica do surf , dentro do proxecto que pretende achegar o surf, de xeito gratuito a meirande parte dos grupos sociais, e de entre estes, especialmente os que teñen desvantaxes sociais. O máis importante a diversión e ledicia dos novos surfistas, que estivo presente durante toda a xornada.

XX Pantín Classic - Do 4 o 9 de setembro do 2007.
(18/6/07) Este ano celébrase a XX edición do Pantín Classic. A proba terá lugar entre o 4 e o 9 de setembro do 2007, cunha categoría de catro estrelas na competición masculina e dous estrelas na femenina. Ambas son valederas para o circutio mundial WQS.  
A ASP concede á organización tres prazas de convidados ou wild card, dúas en ronda de 64 e unha en ronda de 96. O Océano surf club e a FGS
, daranlle os wild card de ronda de 64 a Luís Rodríguez e Gony Zubizarreta por ser os dous galegos que están a correr o circuito mundial de surf WQS, e o wild card de ronda de 96 será para o primeiro no Circuito Galego Caixa Galicia a esa data. No caso, como o ano pasado, no que Gony entrou pola súa clasificación en ronda de 64, o outro wild card de ronda de 64 sería para o primeiro clasificado e o wild card de 96 para o segundo clasificado do Circuio Galego Caixa Galicia. Recordarlle que os wild card non pagan inscrición, que este ano sera de 165 $.

Ofertas de traballo na Federación Galega de Surf.
(18/6/07) A Federación Galega de Surf, anda na procura de colaboradores e xuíces para traballar na organización de campionatos do Circuito Galego e unha persoa para administración na súa sede de Vigo. Os interesados poden enviar o seu CV por email ou correo ordinario a FGS ata o 30 de xuño.

Excelente surf e bodyboard na 1 ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia 2007
A 1ª proba open do Circuito Galego Caixa Galicia de surf e bodyboard 2007 tivo lugar o pasado fin de semán, 2 e 3 de Xuño, na céntrica praia de Orzán (A Coruña) excepto o sábado pola tarde que se tivo que desprazar a Razo (Carballo) pola falla de ondas.
Esta primeira proba open empezou o sábado coa confirmación de inscricións ás 9:00 horas no Orzán e rematou na praia de Razo ás 19:00 horas, con máis de oitenta competidores en categoría masculina e feminina.
O domingo celebráronse as semifinais e finais no Orzan có numeroso público asistente que disfrutaba, do surf e dun agradable paseo con moi bo tempo. E, xa as 14:00 horas, houbo a entrega de premios no paseo do Orzán, gañando Milo Castelo e Cristina Bremón en surf, e Patrik Vilán en bodyboard.
Resultados e mangas por modalidades e categorias >>>

Caixa Galicia co surf galego
A Federación Galega de Surf e Caixa Galicia asinaron un convenio de colaboración para o "Circuito Galego Caixa Galicia de Surf e Bodyboard 2007 " e para os curso gratuitos "A túa primeira onda", que achegarán o surf ós nenos e nenas de toda Galicia.
Con esta colaboración comenza unha nova etapa nesta  aposta conxunta polo deporte nun medio natural e de tanta importancia para Galicia como son as praias e o mar.
Estades todos convidados a participar neste novo proxecto, e a coñecer o surf e as diferentes praias galegas onde se celebrarán as actividades.
Convenio coa Fundación Meniños
A Federación Galega de Surf ten o pracer de comunicarche que o luns día 28 de Maio, o Presidente da FGS e a Directora Xeral de Meniños (Fundación para a Infancia), reuníronse en A Coruña para asinar un convenio de colaboración entre as dúas entidades.
O noso obxectivo é conseguir que tódalas persoas, sen nengún tipo de distinción, teñan as mesmas oportunidades. Para elo, CONTAMOS CÓ TEU APOIO. Podes informarte en www.meninos.org

Aprazada a 1º proba do Circuito Galego de surf e bodyboard.
Prevista para para os días 19 e 20 de maio, aprazase para os días 2 e 3 de xuño. A proba celebrarase na praia do Orzán ou nalgunha das praias próximas a Coruña según as condicions do mar para eses días. Xa podes facela inscrición para todalas probas do Circuito Galego Open e se ainda non renovalles a túa licenza de federado, non esperes oúltimo momento. Este ano non é posible federarse o día do campionato.
Máis información >>>
Campionato LusoGalaico + Euskadi
O Surf Clube de Viana celebra o 10º aniversário do CAMPIONATO LUSO GALAICO (LG).
A organização decidiu convidar a Euskal Herriko Surf Federazioa (EHSF), e por isso o Campeonato irá denominar-se este ano LUSO GALAICO + EUSKADI. Este campionato irá trazer a Viana do Castelo, nos próximos dias 5 e 6 de Maio , os melhores surfistas de Portugal, da Galiza e do País Basco. Esta prova está homologada pela Federação Portuguesa de Surf (FPS), pela Federación Galega de Surf (FGS) e pela Euskal Herriko Surf Federazioa (EHSF). Os prémios, a distribuir pelos finalistas, ascendem ao valor de 8.000 €.

Condições de Participação & Informações:
1) Categorias OPEN (Surf, Bodyboard, Longboard)
2) Femininos OPEN (Surf e Boyboard)
3) Estar validamente inscrito numa das Federações (FPS, FGS, EHSF)
4) Inscrições via email info@surfingviana.com (até 20h00 do dia 3 Maio)
5) Pagamento 15 € (até às 9h00 do dia 5 Maio)
6) Infoline : (+351) 937 589 842 / 934 769 343
Surf  Clube de Viana. tel. ( +351 ) 258 826 208 . tm.  ( +351 ) 966 221 092 . www.surfingviana.com
E o 26 e 27 de Maio por primeira vez Campionato LusoGalaico en Galiza, na praia de Patos (Nigrán-Pontevedra).

Curso de monitores-iniciadores
Características do curso: Curso de formación de monitores de iniciación ás modalidades de surf e bodyboard.
Días, lugar e horarios: 27, 28 e 29 de Abril en Vigo (Pontevedra).
Requisitos de acceso dos alumnos: Ser maior de 16 anos, Estar na posúa do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente a efectos académicos, licenza federativa en vigor, expedida pola FGS ou outra Federación territorial; deportistas practicantes do surf ou bodyboard, Certificado médico oficial. Número de alumnos: 20 alumnos máximo Prezo matrícula: 60€.
Inscrición e matrícula: Inscricións na Federación Galega de Surf, por teléfono, fax ou e-mail adxuntando a folla de inscrición cuberta, unha fotocopia do DNI e o xustificante de ingreso da matrícula e/ou licenza.
Información curso monitor-iniciador FGS (pdf) >>>

Comenza o Circuito Galego 2007 de surf e bodyboard
En abril comenza o Circuito Galega 2007 de surf e bodyboard, con tres probas para as categorias infantil e xuvenil e outras tres para open, tanto masculino como feminino. E como novidade este ano unha gran proba final de surf (GZ surf 2007) e outra de bodyboard (GZ bodyboard 2007), reservada para os mellores clasificados do circuito, con boas condicions de ondas e onde se decidirán os campións do Circuito do 2007.
Normas Circuito 2007, datas probas e máis información >>>
A túa primeira onda 2007
Se queres aprender a surfear de balde, apúntate os cursos "A túa primeira onda" que celebraranse durante todo o ano, en diversas praias de Galicia. Chama os teus amigos, agora surfear é de balde. Prazas limitadas con preferencia por orde de incrición. A Federación Galega de Surf e os clubes organizadores poñen a túa disposición todo o material necesario e os monitores titulados. Busca a data que mellor te veña e reserva a praza.
Imprescindible inscrición previa na Federación Galega de Surf por teléfono ou email.
Datas e praias "A túa primera onda 2007" (pdf) >>>
Calendario de actividades FGS 2007
Xa hai datas para as actividades da Federación Galega de Surf 2007, inclúe campionatos (Galego, Circuito Galego, por clubes e GZSURF - GZBODY), cursos de técnicos e xuices, cursos de balde de iniciación "A túa primeira onda", concentracions técnicficación de surf e bodyboard, para rapaces e rapazas; desprazamento a competicione do Equipo Galego de surf e body, reunions,... Calendario FGS 2007 (pdf) >>>
Desvencellamento da Federación Galega de surf da Española
A Asemblea Xeral da Federación Galega de Surf (FGS) na súa xuntanza do día 2 de marzo do 2.007, acordou o desvencellamento da Federación Española de Surf (FES), dan que formaba parte por vencellamento voluntario dende a súa constitución no ano 2.000.
Os motivos que levaron a tomar dita decisión remontanse as xestions da anterior directiva da FES , pola que no seu momento a Federación Galega presentó Demanda ante o Consejo Superior de Deportes, resolvendo o Comité Español de Disciplina Deportiva coa inhabilitando do anterior presidente.
Non mellorando a situación co novo presidente, elexido no 2005, nun proceso electoral controvertido, destacado pola escasa participación das Federacions territoriales e dos deportistas. Finalmente o feito de organizar un Campionato de Europa en Galicia, na praia ferrolana de Doniños, sen tan sequera comunicársello a FGS , manifesta as deficiencias dunha Federación Española que non sabe delegar nas Federaciones Autonómicas que a compoñen e que non entende a súa finalidade, ni respeta o seus propios estatutos.

Por todo isto a Asemblea Xeral da FGS resolveu que parece absurdo formar parte desta entidad nas actuais condicions, esperando que trala resolución que confirme a Sentenza da Audiencia Nacional na cal se manifestaban os defectos de forma na constitución da FES e polo tanto anula a súa constitución, sexa mellor momento para volver a constituirla, cunha maior participación de clubes, deportistas e Federacions Autonómicas.


Dakine Bigwaveday

Un ano máis estamos dispostos a sacar adiante o Campionato de surf de ondas grandes DakineBigWave Day para elo queremos contar todos vos.
Información a ter en conta: O campionato celebrarase o longo do periodo de espera, que este ano será dende Xaneiro ata o mes de Maio. A competición celebrarase nun día. Realizaranse dúas mangas de 1:30H de duración. Serán 5 os competidores por manga, apoiados por 4 motos de auga e 1 zodiac. A final celebrarase cos dos primei ros finalistas de cada manga e terá una duración de 1:30H. Os xuices da competición pertencen o equipo técnico da Federación Galega de Surf. O criterio para puntuar basearase no tamaño da onda, a dificultade, o control e a profundidade do Take Off.
Factorulises elexiu dos posibles escenarios para celebrar o Campionato “The BigWaveDay”, Cabo Silleiro e Santa María de Oia. A elección definitiva do mesmo dependerá das condicions metereolóxicas. Concurso fotográfico.
(máis info. en www.dakinebigwaveday.com)

Asemblea Ordinaria e Extraordinaria da FGS

Vernes 2 de marzo
ás 17:00h. en Santiago, Estadio Multiusos de San Lázaro, edificio Fundación Deporte Galego. Aprobación contas e orzamento, c
alendario actividades 2007, ...

Convocatoria Asemblea FGS (pdf) >>>
Estatutos Federación Galega de Surf (pdf) >>>
Regulamento de Licenzas (pdf) >>>

Axudas e Subvencións 2007

1. Axudas ós clubes que participan en competicións ou actividades oficiais. Concederanse dende a Dirección Xeral para o Deporte a través dunha Orde de axudas que dito organismo publicará no DOG nos vindeiros días.

2. Axudas ós clubes que organizan  probas ou eventos deportivos oficiais, da Fundación Deporte Galego.
Ámbalas dúas convocatorias e os procedementos a seguir estarán dispoñibles na páxina web da Dirección Xeral para o Deporte (www.deportegalego.eu) e na Fundación Deporte Galego. Rematan o 9 de marzo.

3. Subvencións a entidades e clubes deportivos para apoiar o deporte de competición federado no 2007, da Deputación Provincial de Pontevedra. Bases no BOP nº10 do 15 de xaneiro do 2007. Prazo 28 de Febreiro. www.depontevedra.es

4. Está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a " V  convocatoria de axudas ós deportistas vigueses e viguesas, ós clubes e federacións deportivas " ata o vindeiro 28 de febreiro de 2007. Máis información a cerca da axuda en www.vide.es

Licenza de federado 2007.
Comenza unha nova tempada, si che gusta surfear, fedérate.

Coa Licenza de Federado, apoiarás o surf e bodyboard de Galicia, a súa promoción mediante cursos de balde, apoio ás escolas e clubes nas súas actividades e á organización de campionatos. Federándote poderás participar en todas as actividades da Federación Galega de Surf: Cursos de Iniciación e perfeccionamento, Cursos de Técnicos e Xuíces, Campionatos, viaxes e camps,... así como beneficiarte dos convenios para mercar material deportivo, con axencias de viaxes e compañías aéreas.

Ademáis a Licenza de Federado inclúe un Seguro de Responsabilidade Civil, Seguro de Accidentes e de asistencia en viaxe mundial dende o día da súa tramitación, con atención as 24 horas, a través de PONT GRUP, Correduría de seguros.
A póliza cubre as esixencias do RD 849/03 de Seguro de Accidentes Deportivos e inclúe importantes melloras, como a asistencia sanitaria durante un período máximo de 18 meses de calquer accidente na practica do Surf, Bodyboard ou Longborad acontecido en calquer lugar do mundo, sen ningunha franquicia.

Podes federarte agora mesmo pinchando eiquí (forrmulario para federarse) o se o prefires podes descargar e imprimir a ficha para federarte e enviala ou entregala na Federación Galega de Surf.

Pincha eiquí para federarte agora (Formulario para Federarse) >>>

D
escargar ficha para federarse (formato pdf) >>>

Condicions Seguro de accidentes >>>


A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF


A súa historia, estatutos e actividades.
Actas asembleas.
Sede da FGS.
¿Quenes forman a federación?
Descarga logos.

PREVISIÓN DE ONDAS E MAREAS


Datos boias - Portos do Estado.
Táboas portuarias (INM).
Táboas de mareas.
Windguru.
Mapa de ondas animado.
Mapa de ondas US Navy.
Información marítima.
Información meteorolóxica.
O tempo - La Voz de Galicia.

IMPRESCINCIBLE


Web Cams Galicia en directo
Regulamento de competición FGS
Calendario de actividades 2007
Clasificacions Circuito Galego
A túa primeira onda (Cursos gratuitos)
Mini xogo de surf

 

 

Federación Galega de Surf. c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - 36209 Vigo (Galicia) Telf. +34 986 239095 Fax. +34 986 299378 info@fgsurf.com
Optimizado para Internet Explorer 6 ou superior e resolución 1024x768 © 2002 Deseño Asesority Consultores