Inicio

 

 

NOVAS FGS 2006

RECORDO A ALEIXO.
O día 21 de novembro recibíamos a triste nova do falecemento do noso querido amigo Diego Suárez "Aleixo", despois dunha durísima loita contra o cancro. El era unha das persoas máis influintes do surf na mariña lucense e todos, absolutamente todos os que surfearon asiduamente polas súas augas o recordaran con agarimo. Dende a federación queremos prestarlle noso máis sinceiro apoio a súa familia e amigos neste duro momento..
O xoves 23 ás 16:30 h. celebrarase o funeral na Igresia de Burela e o sábado día 25 de Novembro, terá lugar un homenaxe ás 16:30 horas na praia de A Marosa, en Burela. Pregamos a todos os surfistas e bodyboarders que os acerquedes por alí para rendirlle un último adeus a o noso benquerido amigo.
Prevese espallar as súa cinzas nas augas ás 17:00 horas, tras un homenaxe dende ol mar, sempre que as condicions o permitan. No caso de que a oleaxe non nos permita meternos na auga, o acto realizarase na area.
Contamos con todos vos para facer este acto máis especial.

CURSO DE XUICES.
Prezo: 40 €, Gratuito para mulleres.
Sábado 18 de novembro, ás 10h. na Casa do Deporte en Vigo. Regulamento de competición, teória e práctica, impartido por Coque Araujo (Xuíz galego ASP).
Inscricións ata o venres 17 ás 14:00h. na FGS (Por teléfono, fax ou email).

REMATA O CIRCUITO GALEGO CAIXANOVA 2006 DE SURF E BODYBOARD

(30 Oct.) Con 7 campionatos e máis de 300 competidores nas diferentes categoria rematou o Circuito Galego Caixanova de surf e bodyboard 2006. Suliñando o aumento espectacular do número de surfista xúniors e infantís e de rapazas competidoras. E resultando campiones: Victor Iván Pombo (surf open); Pedro Montero (Bodyboard open e xúnior); Hans Tiessen (surf xúnior); Lalo Díez (surf infantil); Lupe Bruquetas (surf feminino); Eduardo Ramos (body infantil); Blanca Escrigas (surf júnior feminino); Raquel Sedes (body xúnior feminino); Erika Franco (surf infantil feminino).
Unha das novidades foron os curso de iniciación gratuitos "A túa primeira onda" en todos os campionatos, e que axudou a que moitos nenos e algúns non tanto, descubreran o surf, nas praias máis fermosas de Galicia.
Mención especial a Pedro Montero que gañou nas categoría xúnior e open de bodyboard, e que convertese nun dos galegos con máis proxección internacional.
O próximo día 11 de novembre ás 18:00h. celebrarase na Casa do deporte en Vigo, a entrega de premios do Circuito no seo da Gala de surf galego.


Clasificación surf e bodyboard open
(masculino e feminino) >>>

Clasificación surf e bodyboard xúnior e infantil
(másculino e feminino) >>>


Clasificación por clubes>>>

Fotos Circuito Galego Caixanova 2006
surf e bodyboard >>>


Pedro Montero campeón bodyboard júnior y open Circuito Galego Caixanova 2006

A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF ASINA UN CONVENIO COA MARCA DE ACCESORIOS E NEOPRENOS DE SURF ISLAND STYLE

Todos os federados poderán beneficiarse d
un 15% de desconto nas súas compras a través da súa web o na tenda de Ferrol. Ademáis fixaronse unhas condicions moi boas para mercar material as escolas de surf pertencentes a Escola Galega de Surf.

CAMPIONATO VOLCOM NA PRAIA DE PATOS (NIGRÁN)
Goni Zubizarreta, Jaji Iglesias e a xente de Volcom en colaboración coa FGS, organizan os días 4-5 de novembro un campionato na praia de Patos.
Categorias: Groms (ata 14 anos), xúnior (de 15 a 17 anos) e Pro-Am Open (de 18 a 100 años). Inscripciones o mesmo día na praia.
Máximo 24 inscritos por categoria. Imprescindible licenza federado.
Comida, bebida e regalos para todos.

A PRAIA DE NEMIÑA (MUXÍA) ACOLLEU POR PRIMEIRA VEZ O CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES

(16-17 Set.) Con ondas de máis de 2 metros disputouse o campionato galego de clubes, onde o importante era a competición en equipa. Resultados:
1º PRADO SURF CLUBE
2º SANDSPIT SURF CLUB
3º PATOS SURF CLUB
4º RASPAS CORCHOS CLUB

TODO PREPARADO PARA O CAMPIONATO NOVALBOS NA PRAIA DE PATOS (NIGRÁN)

23-24 Set. Praia de Patos (Nigrán) Proba puntuable para o Circuito Galego Caixanova 2006 de surf e body.
Con previsión de boas ondas, como resultado dos restos do furacán "Gordon" que visita Galicia
.
O SURFISTAS MÁIS XOVE DO PANTÍN CLASSIC 06

(7 Set.) Lalo Díez, compoñente do Equipo Galego de Surf competiu con tan só 12 anos, por primera vez na proba do Campionato do Mundo, sendo o competidor máis xove da proba.
Completan o Equipo Galego Xúnior: Pablo Montero, Nicolás Pérez, Alex Díez, Han Thissen, Adrian Formoso e Mariano Góme-Ulla.


PANTINCLASSIC.COM


(7-11 Set.) Información e resultados do Pantín Classic 2006, a proba de surf máis importante que se organiza en Galicia e puntuable para o Circuito do Mundo de surf WQS e Europeo Feminino.

FOTO FGSURF.COM

Victor Iván Pombo campión surf open Circuiito Galego Caixanova 2006

Actividades FGS Septiembre 06:

SURFUSIOM DONIÑOS WQT BODYBOARD
31 Agosto al 3 Septiembre. Playa de Doniños -Ferrol. Organiza Club Grosso de Doniños.

FERROLTERRA PANTIN CLASSIC WQS

7-10 Septiembre. Playa de Pantín. Valdoviño (A Coruña). Organizado por el Océano surf club.
Más info en: www.pantinclassic.com

Cursillos de inicación y perfeccionamiento de surf y body. 14-15 Septiembre. Muxía (A Coruña)

CAMPEONATO GALLEGO POR CLUBES DE SURF Y BODYBOARD. Playa de Nemiña (Muxía). 16-17 de septiembre.

4º Prueba Circuito Galego Caixanova surf open.
Playa de Patos (Nigrán) 23-24 Septiembre. Organiza Patos surf club.

Abierto el proceso electoral de la FGS.
Descarga documentación elecciones (pdf) >>

Campionato Soesto (Laxe). 26-27 agosto. Circuito Galego Caixanova Open surf e body.
Circuito Nacional de surf e longboard.
Inscricións ata o mercores 23 na FGS. 3.000 € en premios.
Máis info en info@fgsurf.com e no telf. 986 239095
Info sobre Laxe:
www.concellodelaxe.com

Activiadades FGS Agosto 06:
5-6 Agosto. Praia"A Cova" (Repibelo)Arteixo.
4º proba Circuito Galego Caixanova Iúnior.

7-11 Agosto. Curso iniciación e perfeccionamento surf e body en Soesto (Laxe).

12-13 Agosto. Praia de Razo (Carballo).
Campionato Galego Surf, Body e longboard (Todas as categorias).

18-20 Agosto. Técnificación Equipo Galego iúnior en Hossegor (Francia).

25-27 Agosto. Campionato de Soesto (Laxe).
3º proba Circuito Galego Caixanova Open e 2º proba Campionato de España de Surf.

31 Agosto- 3 sept. SURFUSIOM. Doniños (Ferrol).
Proba bodyboard Circuito Europeo e Campionato de España.


Aberto o proceso electoral da FGS.
Descarga documentación eleccions (pdf) >>

O Equipo Galego de surf e bodyboard participó dol 24 ó 30 de xullo nos Xogos Náuticos Intercélticos de Cornualles. Una equipa formada case na súa totalidade por deportistas iuniors, que acadou un importante 2º posto en bodyboard.

Campionato Iúnior en Doniños (Ferrol). 8-9 de Xullo. 3º proba do Circuito Galego Caixanova, organizada polo Clube Grosso.
Reunión de clubes en el campionato.

Asemblea Xeral da FGS en Santiago. 30 de xuño ás 19:00h. para a Convocatoria de eleccións a Asemblea e presidente.
Descarga documentación eleccions (pdf) >>>

I CAMPIONATO GALEGO POR CLUBES en Muxía (A Coruña, praia de Nemiña, os días 24 e 25 de Xuño. Inscricións, camping e comida de balde. Máis info no teu clube e na FGS.
APRAZADO POR NON TER ONDAS

CAMPIONATO DONIÑOS OPEN. Segunda proba dol Circuito Galego Caixanova. Praia de Doniños (Ferrol), 17-18 de Xuño. Organiza: Océano surf club.
APRAZADO POR NON TER ONDAS


A túa primeira onda para rapazas en Vigo (10 Xuño) Minicursos gratuito sde iniciación o surf, exclusivo para raoazas. Inscricións na FGS por email ou teléfono.

Curso de Monitor-iniciador de surf e bodyboard.
1-2 de Xullo na Coruña. Inscrición na FGS.
Prezo: 60 €.
Información e ficha de inscrición (pdf) >>>

2º proba Circuito Galego Caixanova Iúnior. 27-28 Maio. Xove-Viveiro (Lugo). Organiza club A Mariña. Apúntate no teu clube. Aloxamento e comida por só 15 €. Máis info na FGS.

Campionato LUSO GALAICO DEEPLY, 6-7 de Maio, praia de Afife (Portugal). 5000 € en premios. Inscricions en: info@surfingviana.com
Máis info en: www.surfingviana.com

Primeiro campionato Open Circuito Galego de surf e bodyvoard. 29-30 de Abril na Coruña. Praia do Orzán.

Curso de Técnico Deportivo en Surf. Escomenza ó día 22 de abril en INEF - A Coruña.
Información e ficha de inscrición (.pdf)>>>

Escomenza o Circuito Galego de surf e bodyvoard iunior e infantil. 8-9 de Abril en Patos (Nigrán).

Curso de Monitor-iniciador de surf e bodyboard. 1-2 de Abril na Coruña. Inscrición na FGS. Prezo: 60 €.
Información e ficha de inscrición (pdf) >>>

Camp concentración de surf junior en Viveiro os días 12-16 de Abril. Informate no teu clube.

Limpeza de praias Surfrider Foundation os días 17,18 e 19 de marzo. Nomas (pdf) >>>

"Dakine Big Wave Day". As mellores fotos de ondas grandes de Galicia en dakinebigwaveday.com

"Dakine Big Wave Day". Vernes 17. A Marosa (Canido-Vigo). Primer campionato de ondas grandes na Ría de Vigo. Previsión de onda de ata 8 metros nunha das marexadas máis grandes do ano.

Calendario de actividades FGS 2006.

Curso de Monitor-iniciador de surf e bodyboard. 25-26 de Febreiro, Edificio das Federaciones en Vigo. Inscrición na FGS. Prezo: 60 €
Información e ficha de inscrición (pdf) >>>

Asemblea Ordinaria da FGS en Santiago (Multiusos de San Lázaro), día 24 as 17:00h.

Clube de surf precisa monitores para a zona de Pontevedra, interesados enviar c.v. a FGS.

Escomenzamos o ano coa la web dispoñible en galego e español. Dende hai tempo os surfistas galegos reclamaban a presenza do galego nesta web da Federación Galega de Surf.
Moi pronto os informaremos do calendario de actividades para o 2006.

A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF


A súa historia, estatutos e actividades.
Actas asembleas.
Sede da FGS.
¿Quenes forman a federación?
Descarga logos.

PREVISIÓN DE ONDAS E MAREAS


Datos boias - Portos do Estado.
Táboas portuarias (INM).
Táboas de mareas.
Windguru.
Mapa de ondas animado.
Mapa de ondas US Navy.
Información marítima.
Información meteorolóxica.
O tempo - La Voz de Galicia.

IMPRESCINCIBLE


Web Cams Galicia en directo
Regulamento de competición FGS
Calendario de actividades 2006
A túa primeira onda (Cursos gratuitos)
Mini xogo de surf

Federación Galega de Surf. c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - 36209 Vigo (Galicia) Telf. +34 986 239095 Fax. +34 986 299378 info@fgsurf.com
Optimizado para Internet Explorer 6 ou superior e resolución 1024x768 © 2002 Deseño Asesority Consultores