|
BASES DO CIRCUITO
O Circuito Galego de Surf e Bodyboard componese de 4 probas open e 5 iúnior e infantil. Dos cales puntuarán para a clasificación final a metade máis un, é dicir se non se suspende ningunha proba puntuarán 3 en open e 4 en iunior e infantil..
A organización técnica dos campionatos corresponde a Federación Galega de Surf, que contará coa colaboración dun club ou entidade local.
Cada unha das probas se rexirá polo Regulamento de Competición da Federación Galega de Surf e complementariamente por estas bases de competición.
Existirán as siguientes categorías: Open (surf e bodyboard, masculino e feminino), Iunior (Ata 18 anos, surf e bodyboard, masculino e feminino) e Infantil (Ata 14 anos, surf e bodyboard). Sempre que haxa un mínimo de 4 competidores por categoría.
A primeira proba ordenarase según ranking do Circuito Galego Caixanova 2005, e o resto das probas según clasificación provisional do Circuito Galego 2006.
A organización reservase o dereito de utilización da imaxe dos participantes para a promoción do propio Circuito e do deporte en xeral.
A hora da recolleita dos trofeos os competidores deberán levar as lycras ou camisolas oficiais do Circuito, sendo obrigatoria a súa presenza para a recolleita do premio.
A dirección da competición rexirase polo “Comité de competición” que estará formado por: Un representante do clube local onde se celebre o campionato, o Director de competición e un representante da Federación. Todas as decisions referentes ó campionato e que non estén explícitamente recollidas no regulamento de competición, deberán tomarse polo Comité de Competición.
Todo club que teña equipa de competición, deberá contar cun técnico titulado da Federación Galega de Surf. Este técnico será o representante do clube para a competición, con funcions como: Inscricions, reclamacions e comunicacions coa organización, funcions estas que serán explícitas desta persoa, e que só dela atenderanse. No caso de no poder asistir á competición, deberá comunicarse o seu sustituto coa suficiente antelación.
INSCRICIONS:
É requisito indispensable para participar en calquer campoonato do Circuito Galego 2006 ter Licenza de Federado 2006, expedida por calquer Federación de Surf.
O número máximo de inscritos é de 64 por categoría, por orde de inscrición, que soamente podera facerse por fax ou e-mail a la Federación Galega de Surf, polo técnico responsable de cada clube.
A inscrición dos deportistas a cada competición cerrarase o xoves anterior ó fin de semán no que se realice a proba as 20:00 h., quedando a misma pendente do pago da inscricpición, que poderá facerse mediante ingreso bancario ou a primeira hora do día de competición no horario establecido para elo.
As mangas confeccionaranse e expondranse a primera hora da mañá do día da competición no taboeiro informativo do campionato. O día da competición podera inscribirse ó campionato antes do inicio do mesmo, se quedan prazas libres para completar o cadro de mangas; exponiéndose o deportista a: No competir e en ningún caso se lle respetará o ranking do Circuito.
O prezo da inscrición por campionato é:
15 € para categoría Open e 5 € para iunior e infantil.
Como novidade este ano as inscrpcions para o Circuito Galego de surf iunior e infantil serán gratuitas para todos os clubes que cumpran o requisito de ter un técnico que represente ó cluben no campionato e na tramitación de inscrpcions e o seu pago.
O pago anticipado do total das probas que compoñen o circuito, ademáis da confirmación de asistencia ó total das probas, supondrá un desconto do 20% do prezo das competicions.
A inscrpción para calquer campionato do Circuito Galego Caixanova de Surf, poderase facer por Fax (986 299378) o por e-mail (info@fgsurf.com), sinalando: Clube, Nome, Modalidad e Categoría e nº Licenza de Federado (No caso de no pertencer á Federación Galega de Surf deberá indicar a que federación pertences).
|