|


|
|
1º proba do Circuito Galego Caixa Galicia Open de surf e longboard.
(03/05/08)
Os días 10 e 11 comenza o Circuito Galego Caixa Galicia de surf e longboard, na praia de Río Sieira en Porto do Son (A Coruña). Este ano por primeira vez faranse probas separadas de surf e longboard por un banda e de bodyboard por outra. Xa están abertas as inscricións. Lembra que o xoves 8 e último día para facela inscricción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, ni facer o pago do mesmo.
Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>
NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscricións nin o pago de licenza e inscrición previo ó campionato. |
Dimisión do presidente da Federación Galega de Surf e convocatoria de eleccións.
(03/05/08)
O pasado martes 29 de abril, reuniuse a Comisión Delegada e Xunta Directiva da Federación Galega de Surf, para organizar a convocatoria de eleccións, trala dimisión do actual presidente David Alfaya, por motivos persoas e cansancio despois de 8 anos na federación. Unha vez aceptada a mesma, acordouse convocar unha Asemblea Extraordinaria da FGS na que iniciarase o proceso electoral, para a elección dun novo presidente.
A Asemblea Extraordinaria celebrarase coincidindo co campionato de Río Sieira, o sábadao 10 de maio, ás 18:00h. no camping de Furnas, próximo a praia do campionato. Deste xeito tentarase acadar a máxima participación, para iniciar o proceso electoral, aprobar o Regulamento e calendario electoral. Despois da Asemblea haberá 10 días para presentar candidaturas e o sábado 31 de maio farase a votación nunha nova Asemblea Xeral Extraordinaria en Santiago. |
Curso de Monitor-Iniciador de surf, bodyboard e longboard.
(22/04/08)
Os próximos días 26 e 27 de marzo, a Federación Galega de Surf organiza un curso de monitor-iniciador ao surf, bodyboard e longboard, en A Coruña.
Inscricións ata o mércores 23 de marzo. Prezo: 60 € (Desconto do 50% a mulleres).
Máis información no tríptico >>>
Ficha de inscrición >>> |
Axudas a clubes e deportistas.
(22/04/08)
DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE. “AXUDAS PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2008: CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS”. Prazo de presentación de solicitudes ata o 13 de maio do 2008.
http://www.deportegalego.es/novas/nova.php?id=624&lg=gal
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO. “AXUDAS PARA EVENTOS E DEPORTISTAS GALEGOS/AS”. Prazo de presentación de solicitudes ata o 26 abril do 2008.
http://www.deportegalego.es/novas/nova.php?id=617&lg=gal
|
Protocolo de Pont Grup para accidentes de federados.
(22/04/08)
Protocolo Pont Grup 2008 >>> |
O clube Grosso de Doniños campión do Circuito Galego CaixaGalicia 2007 por clubes.
(22/04/08)
Despois de sumar os puntos dos dous mellores deportistas clasificados en cada categoría, o clube Grosso de Doniños se proclama campión, seguido de Patos Surf Club e Prado Surf Clube.
Clasificación final por clubes Circuito Galego CaixaGalicia 2007 >>> |
Comenza o Circuito Galego Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard.
(4/04/08)
Un ano máis coa colaboración da Dirección Xeral para o Deporte, CAIXA GALICIA e COCA-COLA, Galiza poderá desfrutar do mellor surf, bodyboard e longboard nas súas praias.
Un Circuito con moitas novidades para competidores e afeccionados: Probas independentes de surf e longboard por unha banda e bodyboard por outra, con sistema de puntuación por ordenador, nas categorias open; campionatos de 1, 2 e 3 estrelas con diferentes puntos e premios, cabezas de serie según clasificación do ano anterior máis os resultados das probas celebradas ata o momento, e moito máis.
O vindeiro fin de semán, 12 e 13 de abril, comenzará en Nigrán o Circuito Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard. As inscricións xa están abertas e son gratuitas para todas aquelas inscricións que procedan dun clube e os participantes estén na compaña dun técnico durante a competición. Número máximo de inscritos por categoría. Se queres competir anótate xa.
CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Prado Surf Clube e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 12 e 13 de Abril.
PRAIA: Patos (Nigrán).
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas comezo da competición.
CATEGORIAS: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil. MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría. Sorteo de material deportivo entre os participantes .
PREZO: 10 €. Gratuito se as inscricións e confirmacións de inscricións proceden dun técnico do clube.
PAGO DAS INSCRICIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia antes do Xoves 10 ás 13:00 horas.
INSCRICIÓNS: Fax (986299378) ou e-mail ( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos: Clube, nome competidor, modalidade, categoría e nº de licenza e nome do técnico (se fose o caso).
PECHE DAS INSCRICIÓNS: Mércores 9 de abril ás 20:00 horas.
ALOXAMENTO: Hotel Sotomayor. Rúa Rosalía de Castro, nº 6. Nigrán (Pontevedra).
Prezos: Aloxamento e almorzo: 18€. Aloxamento, almorzo e cea: 25 €. Reservas e máis información: pradosurfescola@pradosurfescola.com
NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscricións nin pago de licenza e inscrición (previo ó campionato). |
Unidade didáctica SURFESCOLAS.
(28/03/08)
Podes descargar as actividade que se desenvolverán nas xornada de surfescolas para alumnos de 1º e 2º de bacharelato.
Se aínda no estás anotado, non o dubides, forma un grupo no teu instituto e apúntate.
Máis información, inscricións e datas www.deporteescolargalego.org e www.surfescolas.com
E na FGS no teléfono 986 239095.
Descargar Unidade didáctica SURFESCOLAS (pdf) >>>
Descargar Fichas SURFESCOLAS (zip) >>>
Dossier infomativo e datas de surfescolas (pdf) >>> |
Calendario de actividades FGS 2008.
(28/03/08)
Calendario de actividades da Federación Galega de Surf para o 2008, inclúe campionatos, cursos gratuitos "A túa primeira onda", cursos de monitores, técnificación e viaxes da selección galega, reunións, ...
Calendario de actividades FGS 2008 (pdf) >>> |
Circuito Galego Caixa Galicia 2008. Surf, bodyboard e longboard.
(20/03/08)
Xa hai datas do Circuito Galego Caixa Galicia 2008, un circuito con moitas novidades, a máis importante é que está formado polo Circuito Galego de Surf Open, o Circuito Galego de Bodyboard Open e polo Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil, todos eles en categorías masculino e feminino.
Os campionatos open contarán cun sistema informático de puntuación e os campionatos serán de 1 a 3 estrelas, con puntuacións diferentes; ademáis dun deseño único de trofeo para os campións, probas en novas praias e premios en metálico o remate do Circuito. Inscriccións gratuitas para equipos de clubes no circuito infantil e xuvenil.
Circuito Galego Caixa Galicia 2008 |
Surf e body infantil e xuvenil |
|
Body open |
12-13 Abril. Patos (Nigrán)
Prado surf clube.
|
10-11 Maio. Rio Sieira (Porto do Son). Clube por determinar. * |
9-10 Agosto. Valcobo (Arteixo)
Vazva. * |
Xuño. Razo ou A Lanzada.
Clube por determnar.
|
21-22 Xuño. Orzán (A Coruña).
Vazva. ** |
13-14 Setembro. O Faro de Carnota (Muros). El Muro. * |
2-3 Agosto. Barrañan (Arteixo)
Costa da morte.
|
26-27 Xullo. Os Castros (Ribadeo).
Hola Ola. *** |
27-28 Setembro. Costa Baiona-A Guarda.
Patos surf club. *** |
4-5 Outubro. A Lanzada (O Grove)
Raspas.
|
11-12 Outubro. Patos (Nigrán)
Patos surf club. *** |
|
Campionato Galego Caixa Galicia surf, bodyboard e longboard
|
29-31 Agosto. Praia de Soesto (Laxe-A Coruña)
Campionato individual e por equipos (masculino e feminino), só para galegos.
|
|
Curso gratuito de xuices.
(20/03/08)
O próximo sábado 29 de marzo, a Federación Galega de Surf organiza un curso gratuito de xuíces de surf, longboard e bodyboard. Apuntate na Federación ou enviando un email a info@fgsurf.com. O curso celebrarase na Casa do deporte en Vigo, en horario de 10h a 14h e de 16h. a 20h, impartido por xuíces internacionais de surf e bodyboard.
Descargar dossier informativo en pdf >>> |
Gony Zubizarreta no circuito mundial WQS 2008.
(20/03/08)
Este ano dende a Federación Galega de Surf, faremos un seguimento moi especial a Gony Zubizarreta no circuito mundial WQS. Grazas o seu amigo Jaji Iglesias, teremos unha información permenente e puntual dos seus viaxes, campionatos e resultados. TODOS O GALEGOS CON GONY NO WQS.
Segue a Gony Zubizarreta no WQS >>>
|
Adéntrate no apaixoante mundo do surf. SURFESCOLAS.
(17/03/08)
Xornada de surf e natureza para alumnos de 1º e 2º de bacharelato.
A Federación Galega de Surf, a Dirección Xeral para o Deporte e a Obra Social Caixa Galicia, realizarán un proxecto innovador e sen apenas precedentes, dirixido aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato de Galiza. As actividades desenvolveranse nas catro provincias galegas, nos sábados dos meses de abril e maio de 2008. As xornadas serán de 6 horas teórico-prácticas onde se ensinarán coñecementos sobre o medio mariño, a praia e o entorno do surf e se realizarán diversos xogos e técnicas na praia, tanto de surf coma de medio ambiente.
O xantar, monitores, autobuses, seguro e demáis material necesario facilitarao a organización. O prezo desta actividade será de 5€ por persoa.
Non o dubides, se eres de 1º ou 2º de Bacharelato e se che gustaría aprender a facer surf, non agardes máis. Anótate xa.
Máis información, inscricións e datas www.deporteescolargalego.org e www.surfescolas.com
E na FGS no teléfono 986 239095

|
Curso de Monitor-Iniciador de surf, bodyboard e longboard.
(10/03/08)
Os próximos días 15 e 16 de marzo, a Federación Galega de Surf organiza un curso de monitor-iniciador o surf, bodyboard e longboard, en Vigo.
Inscricións ata o mércores 12 de marzo. Prezo: 60 € (Desconto do 50% a mulleres).
Máis información no tríptico en pdf >>>
Descargar datas e lugares A Túa Primeira Onda en pdf >>>
Outros cursos 2008:
Curso de xuices de surf e bodyboard. 28-29 de Marzo. Vigo.
Curso de xuices de surf e bodyboard. 18-19 de Abril. A Coruña.
Curso de monitor-iniciador de surf, bodyboard e longboard. 26-27 de Abril. Vigo.
Curso de organización de eventos deportivos. 24-25 de Maio. Vigo.
Curso de monitor-iniciador de surf, bodyboard e longboard. 17-18 de Maio. Santiago de Compostela.
Curso de coñecemento da táboa de surf e as súas formas. 31 Maio e 1 de Xuño. Vigo.
Curso de monitor-iniciador de surf, bodyboard e longboard. 28-29 de Xuño. A Coruña.
Curso de técnico deportivo en surf. 4-5 Outubro. A Coruña.
Curso de primeiros auxilios e salvamento acuático. 24-25 outubro. Vigo.
|
Axudas a depoprtistas da Deputación da Coruña.
(5/03/08)
Convocatoria de axudas a deportistas da provincia de A Coruña, con idades comprendidas entre os 14 e os 21 anos. Prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de marzo.
Máis Info en www.dicoruna.es
|
Apúntate a Surfescolas.
(5/03/08)
A Federación Galega de Surf en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte e CaixaGalicia, poñen en marcha un novo proxecto, surfescolas.
Surfescolas, son xornadas de iniciación o surf e coñecemento da praia e da natureza para rapazas e rapaces de 1º e 2º de Bacherelato de toda Galicia. As xornadas celebraranse nos meses de abril e maio en diferentes grupos: Vigo-Ourense, Pontevedra, Noia-Santiago, Carballo, A Coruña, Ferrol, A Mariña (Lugo), inclue o desprazamento a praia, a comida ,e todo o material preciso para a práctica do surf.
Dossier infomativo e datas de surfescolas (pdf) >>>
Podes inscribirte na web: www.deporteescolargalego.org



|
Convocatoria de axudas a clubes e deportistas.
(17/02/08)
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. REMATAN OS PRAZOS DE SOLICITUDE O 28 DE FEBREIRO.
1. SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA O 2008 ( http://www.depontevedra.es/?1,14863 )
2. SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E INFRAESTRUCTURAS 2008 ( http://www.depontevedra.es/?1,14862 )
VIDE (FUNDACIÓN VIGO DEPORTE). REMATA O PRAZO DE SOLICITUDE O 29 DE FEBREIRO.
VI CONVOCATORIA PARA AXUDAS AOS DEPORTISTAS VIGUESES E VIGUESAS.
Máis info en www.vide.es |
Licenza de Federado 2008.
(1/02/08)
Xa podes tramitar a Licenza de Federado 2008. Lembra que as licenzas anuais teñen validez dende o día da súa tramitación ata o 31 de decembro, polo que canto antes a tramites máis a aproveitas.
Os prezos se manteñen igual que no ano pasado, coa única novidade da baixada da licenza temporal dun mes para escolas a 4 €.
O máis importante coa Licenza de Federado da FGS, terás un seguro de accidentes e de responsabiliodade civil e apoiarás o surf galego dende a base ata a élite.
Fedérate (Tramitación da Licenza de Federado 2008) >>>
|
Video da Gala do surf galego Caixa Galicia 2007 >>>
Spot A túa primeira onda Caixa Galicia >>> |
|
|

|